Xeral

Contamos a nosa experiencia na Revista Galega do ensino (eduga)

Captura de pantalla 2018-01-08 a la(s) 20.37.24

Desde que comezamos a nosa andadura co Club de Ciencia, en varias ocasións a prensa fíxose eco do desenvolvemento das actividades do mesmo, pero hai unha publicación que nos fai especial ilusión porque é nosa narrando en primeira persoa a maravillosa experiencia.

“Buscando científicos baixo terra” é o título do artigo publicado no nº 74 da Revista Galega do Ensino (eduga), no apartado de innovación, no que se explica o traballo realizado no noso centro, no pasado curso 2016/2017, coa creación deste club de ciencia e a posta en marcha do proxecto de investigación de propiedades fisicoquímicas do solo, “Mira por onde pisas”.

No artigo contamos dun xeito informal o proceso seguido para poñer en marcha o club de ciencia no IES Arcebispo Xelmírez II, no marco do programa piloto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como a investigación levada a cabo no seu primeiro ano de funcionamento.

Máis información | eduga

Deixar un comentario